top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Este luns pódese doar sangue en Arzúa, Antas de Ulla, Toques e Santiso

Ecos da Comarca

As persoas que desexen doar sangue poderán facelo este luns nas catro comarcas nas localidades de Arzúa, Antas de Ulla, Toques e Santiso.


Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Sangue de Galicia volve visitar o municipio de Arzúa hoxe. Estará no recinto feiral Terra do Queixo (entrada traseira) en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas


Mentres, estará outra en Antas de Ulla fronte ao Concello de 10:00 a 14:00 horas. No caso de Toques estará no lugar de O Souto en horario de tarde, de 16:30 a 18:30 horas.


Por último, tamén se poderá doar en Santiso, diante do Consistorio, de 19:00 a 21:00 horas.

Debido á situación de pandemia, na que necesariamente se debe gardar certas prevencións sociais encamiñadas a preservar a saúde de todos, establécese tamén a cita previa para escalonar a afluencia de doadores, evitando así esperas. É recomendable chamar previamente ao 900 100 828.


E cabe lembrar que é moi importante esta acción solidaria porque contribúe a mellorar a saúde de moitos doentes, sobre todo ante a situación actual de emerxencia sanitaria.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page