top of page

"Este libro ten moito traballo detrás e moitas emocións e experiencias. Estou orgullosísima del"

"Sigo intentando dar visibilidade á realidade das enfermedades mentais, sin purpurina e decoracións que as suavicen"


Laura Moure/Agolada

Zerua Galego Insua.

ENTREVISTA Á AGOLADESA ZERUA GALEGO INSUA QUE ACABA DE PUBLICAR A SÚA SEGUNDA OBRA TRES Y TRES MESES


1. En xuño de 2021 saía a luz a túa primeira obra. E agora acábase de publicar a túa

segunda. Como se consegue isto?

Se che son completamente honesta, non teño nin idea. A verdade é que aínda non o creo

nin eu, pero tendo un equipo tan estupendo como o de Delecé e todos os que me axudaron con esta viaxe, faise todo un pouco máis doado. Agora, os nervios son iguais ou peores.


2. Supoño que esta é a obra da que nos falaras xa cando sacaches o teu primeiro libro de que estabas traballando nel.

Efectivamente! Este libro ten moitísimo traballo detrás, tamén moitas emocións e experiencias. Estou orgullosísima del. E xa che podo adiantar tamén que hai un terceiro en

camiño!


3. De que trata Tres y Tres Meses?

Tres y Tres Meses, como di a sinopsis, trata de contrastes. Sigo intentando dar visibilidade

á realidade das enfermedades mentais, sin purpurina e decoracións que as suavicen. É un

libro moi duro na primeira parte, pero tamén se empeza a mostrar unha recuperación na

segunda. A segunda parte é esperanza y seguridade de que, por moi mal que o estea

pasando nun momento determinado, sei que chegará o día no que me sinta orgullosa de

seguir aquí, de todo o que conseguín e de poder sorrir plenamente e de verdade.


4. E a elección do nome?

Moi sinxelo: o libro está dividido en dúas partes, Inverno, que é a máis dura, é a frialdade e

a dor, e Primavera, a calidez e a esperanza, cando os raios do sol comezan a acariñar a túa pel e por fin te sentes viva. Son tres meses por estación, un contraste entre o frío absoluto e cando empeza a facer calor, aínda que exista algún día malo de por medio.


5. Hai algún parecido co teu primeiro libro, Broken, beautiful?

A parte de que os dous son prosa poética e tratan sobre saúde mental, non o creo. Penso

que neste libro nótase máis madurez, tanto a nivel personal como artístico. É moito máis

atrevido e experimentei moito máis con algúns dos poemas. Sinceramente, na miña opinión

Tres y Tres Meses é moitísimo mellor que Broken, beautiful, pero a ver qué pensan os

lectores!


6. Cun libro xa publicado, é máis doado lograr que outro saía ao mercado?

É certo que pode parecer que hai certo “colchón”, por dicilo dalgunha maneira, e por unha parte si que o hai. Coñécete máis xente e tes máis lectores, pero iso é unha vez xa

saíu. Creo que o único que fai que sexa máis doado é a experiencia e as aprendizaxes do

anterior.

7. Consideras que Broken, beautiful contribuíu a romper co estigma da saúde mental?

Ogallá! Penso que non tuvo tanto impacto, pero espero que rompera con ese estigma polo

menos para a xente que que o leu.


8. Xa levas un ano estudando en Salamanca Filoloxía Inglesa. Isto está axudándoche

a moldear as palabras como nos dixeras na outra entrevista?

Pois… a verdade é que levar a publicación dun libro con todo o traballo que iso ten detrás á vez que unha carreira universitaria é bastante complicado. Ademais, nun ámbito académico no que o que menos se escribe é poesía non é que se colla moita práctica. Pero polo menos saco moitísimos temas sobre os que escribir, que xa é algo.


9. Onde se poden mercar os teus libros?

De momento, na páxina web de Delecé Ediciones (https://deleceediciones.com/) ou pedíndomo a min persoalmente (e así xa o tes firmadiño e dedicado). Máis adiante estará en plataformas como Amazon e todas as que poida conseguir e en librerías!


10. Tamén nos falaras dos primeiros pasos para escribir unha novela. Como vai?

Segue dando pasos de bebé, pouquiño a pouco. Está agora mesmo esperando betas para

perfeccionala e que sexa algo realmente bo, aínda que teña que reescribila cincuenta mil veces. As novelas son moi complexas, demasiado complicadas de escribir con tanta trama, subtrama, mundo, personaxes… penso que vou tolear un día destes. Pero teño moitas ganas de que se perfeccione e, quen sabe, ao mellor algún día sae á luz e pode lerse!


NOTICIA RELACIONADA (A ENTREVISTA FEITA POLO SEU PRIMEIRO LIBRO):

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page