"Este goberno de coalición non vai consentir que as nosas crianzas pasen frío nas aulas", sinala o goberno de Rodeiro
- ecosdacomarca
- 4 mar
- 2 Min. de lectura
Critica ao PP e insta ás familias a sumarse ao goberno local e esixir a Xunta "que atenda as nosas crianzas como de primeira e non como se foramos un concello de segunda"
Ecos da Comarca/Rodeiro
Jose Luís Camiñas, alcalde de Rodeiro e Alberte Lamazares, concelleiro de Educación, sinalan que "o PP continúa defendendo os intereses da Xunta de Galicia unha vez que obvia a reforma da Lei de Bases de Réxime Local do 2013, aprobadas polo goberno de Mariano Rajoy da que se interpreta claramente que é a Xunta a encargada do mantemento e reparacións no CPI de Rodeiro".

Esta parte, apuntan, "ten unha carga de hipocresía considerable xa que a partir dos anos 2014 Luis López Diéguez e a Sra Concepción Somoza tiña a mesma opinión que Jose Luís Camiñas e Alberte Lamazares e así o acreditan diferentes notas de prensa e actas de sesións plenarias. Tamén o acreditan as notas de prensa da dirección do CPI de Rodeiro contra o goberno de Luis López así como toda a lista de desperfectos que nos encontramos coa chegado ao goberno: 108 fluorescentes fundidos, canalóns atascados, ballas rotas,baños rotos e un sinfín de cousas que estaban abandoadas".
E queren transladar unha mensaxe clara as nais e pais. "Este goberno de coalición NON VAI CONSENTIR QUE AS NOSAS CRIANZAS PASEN FRÍO NAS AULAS motivado pola colocación fai 2 anos dunha caldeira usada de máis de 20 anos que sacou noutro concello e agora quere a Xunta que sexamos nós os responsables dela. Dende o goberno xa gastamos 4544.60 euros en reparacións neste 2025 e a solución pasa por unha caldeira nova e non a chatarra que lles sobra noutros centros como se foramos un concello de segunda. A maiores indicar que este goberno municipal incrementou de maneira considerable as actividades sociais, culturais e educativas apostando por unha educación en valores".
Polo que, o goberno local insta ás familias a sumarse ao goberno municipal e esixir a Xunta "que atenda as nosas crianzas como de primeira e senón, terá enfronte ao conxunto de Rodeiro defendendo os nosos dereitos e así poder revertir este gasto en máis actividades. Estamos seguros que a Consellería de Educación farase eco deste chamamento e deixará de lado os intereses do PP de Rodeiro e atenderá as nosas familias tal e como se merecen".
Comentários