“Este convenio fará que os Pendellos de Agolada teñan moita máis vida", sinala Carmela Silva
- Laura Moure

- 5 ene 2023
- 1 Min. de lectura
A presidenta da Deputación firmou hoxe nesta vila a cesión de 47 Pendellos a este Concello
Laura Moure/Agolada

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, desprazouse hoxe ata Agolada para asinar xunto co alcalde do municipio, Luis Calvo, o convenio mediante o cal o ente provincial lle cede 47 Pendellos ao Concello.
Á cita tamén acudiu o deputado Manuel González e os concelleiros do goberno de Agolada Óscar Val, Pedro García e Concepción Carballal. Tamén asistiu Manuel Busto do colectivo Baluarte dos Pendellos, unhas das persoas que máis loitou por este enclave histórico.
Primeramente, fixeron un percorrido polos Pendellos para ver in situ cada rincón deste lugar máxico.

Despois nun dos Pendellos Comedor, levouse a cabo a sinatura do convenio. A presidenta alabou o pobo de Agolada polos seus encantos e pola sua gastronomía e prometeu que en vindeiras semanas volverá a Agolada para desfrutar da gastronomía do municipio xunto ao mandatario. Ademais agradecer o bo trato que hai co Concello de Agolada, destacou que a Deputación seguirá apostando e colaborando con todo o que teña que ver cos Pendellos. Calvo tamén agradeceu a axuda que sempre lles mostra o ente provincial e incidiu que "debemos coidar estes Pendellos onde estiveron os nosos antepasados".
A concelleira de Cultura, Concepción Carballal, fíxolle entrega dun ramo de rosas a Silva e tras a sinatura Manuel Busto explicoulles aos presentes a historia deste emblemático enclave.

As declaracións da presidenta e do alcalde nos vídeos (📹 Ecos da Comarca):








Comentarios