Un destes de venta de cereixas permanece tirado na saída da autovía A-54 en Arzúa
Ecos da Comarca/Xeral
O comezo da época de froitas de tempada xa o anuncian os múltiples postos que podemos atopar ao pé das distintas estradas. O que pode resultar cómodo para os condutores, non sempre gusta a todos. Sobre todo, máis dunha vez ten saltado a polémica, xa que para os comerciantes locais son competencia desleal ao non dispoñer moitos deles nin autorización municipal para poder levar a cabo a venta.
De feito, xa non é a primeira vez que se presenta unha denuncia ante a Axencia Tributaria. Un exemplo claro disto nas comarcas é o posto de venta de cereixas que quedou "abandonado" en Arzúa na saída da autovía A-54. E de feito, hai uns días, e quizas polas condicións meteorolóxicas adversas, permanece tirado na cuneta, todo desfeito, dando unha mala imaxe. Polo tanto, xa non é a competencia desleal para os comerciantes do pobo, senón tamén a pouco consideración de afear a paisaxe deixando todo alí tirado.
תגובות