Estabilizado o incendio forestal de Dozón
- ecosdacomarca

- 14 ago 2025
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Dozón
Desde as 21:47 horas de onte, xoves, está estabilizado o incendio forestal do municipio de Dozón, parroquia do Castro, que se iniciou o martes ás 14:32 horas e que afecta unha superficie estimada de 400 hectáreas.

Publicidade
Neste lume decretouse a Situación 2 como medida preventiva pola súa proximidade ao núcleo de poboación do Castro, unha situación que xa foi desactivada.
Publicidade
Para a súa extinción mobilizáronse ata o momento 4 técnicos, 11 axentes, 24 brigadas, 30 motobombas, 2 pas, 1 unidade técnica de apoio, 5 helicópteros e 4 avións.
NOTICIAS RELACIONADAS:
Activo o incendio forestal de Dozón que afecta a unhas 100 hectáreas: https://www.ecosdacomarca.com/post/activo-o-incendio-forestal-de-doz%C3%B3n-que-afecta-a-unhas-100-hect%C3%A1reas
Continúa activo o incendio forestal de Dozón cuxa superfice estimada xa é de 300 hectáreas: https://www.ecosdacomarca.com/post/contin%C3%BAa-activo-o-incendio-forestal-de-doz%C3%B3n-cuxa-superfice-estimada-xa-%C3%A9-de-300-hect%C3%A1reas
Desactivado o nivel 2 de emerxencia no lume de Dozón que xa calcinou 400 hectáreas: https://www.ecosdacomarca.com/post/desactivado-o-nivel-2-de-emerxencia-no-lume-de-doz%C3%B3n-que-xa-calcinou-400-hect%C3%A1reas
Segue activo o lume forestal de Dozón: https://www.ecosdacomarca.com/post/segue-activo-o-lume-forestal-de-doz%C3%B3n








Comentarios