As citas serán o luns, martes, xoves e venres
Laura Moure
As persoas que desexen doar sangue nas catro comarcas poderán facelo esta semana nas localidades de Boimorto, Arzúa, Melide e Monterroso.
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Sangue de Galicia visitará este luns, día 19, o municipio de Boimorto. Situarase diante do centro de saúde en horario de 16:00 a 21:00 horas.
O martes 20, tamén haberá outra en Arzúa no recinto feiral Terra do Queixo, pola entrada traseira. Será tamén de 16:00 a 21:00 horas.
E o xoves, 22, será a quenda de Monterroso e estará ao carón do Concello. Neste caso, o horario será de 16:30 a 21:00 horas
E por último, estará en Melide, no Cantón de San Roque, o venres 23. Os interesados poderán doar sangue aquí de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 21:00 horas.
Debido á situación de pandemia, na que necesariamente se debe gardar certas prevencións sociais encamiñadas a preservar a saúde de todos, establécese tamén a cita previa para escalonar a afluencia de doadores, evitando así esperas. A cita pode perdirse a través do teléfono gratuíto 900 100 898.
E cabe lembrar que é moi importante esta acción solidaria porque contribúe a mellorar a saúde de moitos doentes, sobre todo ante a situación actual de emerxencia sanitaria.
Komentarze