As citas serán mañá e pasado
Laura Moure
As persoas que desexen doar sangue poderán facelo esta semana nas localidades de O Pino, Vila de Cruces e Silleda.
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Sangue de Galicia volve visitar o municipio do Pino esta semana. A cita será mañá, día 30, e situarase fronte ao Consistorio en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas.
Mañá tamén haberá outra en Vila de Cruces ao carón do Concello. Neste caso os interesados poden facelo en horario de 10:30 a 14:00 e de 17:30 a 21:00 horas.
E o mércores, 31, será a quenda de Silleda e estará na Avenida do Parque, xunto á parada de taxi. Neste caso, o horario será de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.
Debido á situación de pandemia, na que necesariamente se debe gardar certas prevencións sociais encamiñadas a preservar a saúde de todos, establécese tamén a cita previa para escalonar a afluencia de doadores, evitando así esperas. A cita pode perdirse a través do teléfono gratuíto 900 100 898.
E cabe lembrar que é moi importante esta acción solidaria porque contribúe a mellorar a saúde de moitos doentes, sobre todo ante a situación actual de emerxencia sanitaria.

Unha unidade móbil noPino en meses pasados.
Comments