Na primeira localidade o luns e na segunda, o mércores
Laura Moure/Melide/Silleda
As persoas que desexen doar sangue poderán facelo esta semana nas catro comarcas nas localidades de Melide e Silleda o luns e o mércores, respectivamente.
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Sangue de Galicia volve visitar o municipio de Melide esta semana. A cita é este luns, 23. Situarase como de costume no Cantón de San Roque e en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas
Mentres o mércores, día 25, estará en Silleda na Avenida do Parque, xunto á parada de taxi, en horario de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas.
Debido á situación de pandemia, na que necesariamente se debe gardar certas prevencións sociais encamiñadas a preservar a saúde de todos, establécese tamén a cita previa para escalonar a afluencia de doadores, evitando así esperas. É recomendable chamar previamente ao 900 100 828.
E cabe lembrar que é moi importante esta acción solidaria porque contribúe a mellorar a saúde de moitos doentes, sobre todo ante a situación actual de emerxencia sanitaria.
Comentários