top of page

Nesta 8ª xornada os equipos da comarca de Arzúa fan pleno e conseguen dúas merecidas vitorias

Foto del escritor: IsmaelRSIsmaelRS

IsmaelRS/Boimorto/O Pino

Os equipos que representaban á comarca de Arzúa nesta sétima xornada de Rexional Preferente Galicia 1º Fase Grupo 1º Norte - Subgrupo 1A, xogaron onte domingo os seus partidos de liga, conseguindo puntuar ambos os dous equipos.


Boimorto C.F. - Agrupación Estudiantil (3-0)

  • O C.F. Boimorto xogou o seu partido contra o Agrupación Estudiantil, tivo lugar no campo municipal de O Carballal (Boimorto). Rematou cunha vitoria rotunda do equipo boimortense por 3-0, os goles do equipo local foron obra de: Óscar Vizcaíno Alcalde (31´), Borja Rey Estévez (52´) e o último dos goles foi anotado por Joan M. Vidal Rozas (71´) e con este gol do equipo local remataría o encontro.


Puebla F.C. - S.D. O Pino (1-2)

  • O S.D. O Pino xogou o seu partido contra o Puebla F.C., tivo lugar no campo municipal de Alta-Puebla (Cabio - Pobra do Caramiñal). O conxunto visitante comezou perdendo, terminou a primeira parte caendo por 1-0 gracias a un tanto no 45´ obra do xogador local Jorge Viturro F. Despois dun partido moi igualado e que todo indicaba que finalizaría 1-0 a favor do equipo local, volveuse tolo nos últimos 3 minutos, nos que o S.D. O Pino conseguiu dar a volta ao marcador grazas aos goles de Jesús F. Sainz Tresguerras (87') e o último gol de Rubén Ferreiro Rial (89') e con este gol do equipo visitante pecharíase o encontro.

CLASIFICACIÓN

Grazas a estes resultados, o S.D. Pino sube á terceira posición, mentres que o C.F. Boimorto mantense na novena posición.


PRÓXIMA XORNADA:

A 9ª xornada da liga disputarase o vindeiro domingo 28 de novembro, cos seguintes encontros:

  • Laracha C.F. - Boimorto C.F., no campo Municipal de A Laracha (A Laracha, A Coruña), ás 16:30 horas.

  • S.D. O Pino - U.D. Paiosaco-Hierros, no campo Municipal de Reboredo - Arca (O Pino, A Coruña), ás 17:00 horas.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page