top of page
Foto del escritorIsmaelRS

Esta 7ª xornada é fatídica para os equipos da comarca de Arzúa e termina con sendas derrotas

IsmaelRS/Boimorto/O Pino

Os equipos que representaban á comarca de Arzúa nesta sétima xornada de Rexional Preferente Galicia 1º Fase Grupo 1º Norte - Subgrupo 1A, xogaron onte domingo os seus partidos de liga, non conseguindo puntuar ningún dos dous equipos.


C.D. Boiro - Boimorto C.F. (1-0)

  • O C.F. Boimorto xogou o seu partido contra o C.D. Boiro, tivo lugar no campo municipal de Brañas (Boiro). Rematou con derrota do equipo boimortense por 1-0, o gol do equipo local foi obra de Adrián Pereira García (71´).


S.D. O Pino - S.D. Dubra (1-2)

  • O S.D. O Pino xogou o seu partido contra o S.D. Dubra, tivo lugar no campo municipal de Reboredo - Arca (O Pino). O conxunto local comezou perdendo, por un rotundo 0-2, ata o último minuto de partido no que se viu algo de luz nun partido bastante escuro para os locais. Os dous primeiros tantos do equipo visitante foron obra de Miguel Iglesias Rodríguez (49´) e David Noya Suárez (61´). O último dos goles chegou no último minuto do encontro e foi obra do xogador local, Uxío López Pérez (90´) e con este gol do equipo local pecharíase o encontro.

CLASIFICACIÓN

Grazas a estes resultados, o S.D. Pino cae á cuarta posición, mentres que o C.F. Boimorto baixa á novena posición.


PRÓXIMA XORNADA:

A 8ª xornada da liga disputarase o vindeiro domingo 21 de novembro, cos seguintes encontros:

  • Boimorto C.F. - Agrupación Estudiantil, no campo Municipal de O Carballal (Boimorto), ás 16:30 horas.

  • Puebla F.C. - S.D. O Pino, no campo Municipal da Alta-Puebla (Cabio - Pobra Do Caramiñal), horario por determinar.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page