top of page

Estás a favor ou en contra do cambio de hora?

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Xeral

Os nosos reloxos retrasáronse esta noite unha hora. As tres da mañá volveron ser as dúas. Como? Non sabías que esta noite se fixo o cambio de horario como cada mes de outubro? Cada vez son máis os detractores desta modificación e son moitos os que apostan por ter un horario único ao longo de todo o ano. Ti que pensas? Consideras que con esta decisión se aforra realmente na luz e é beneficioso para os cidadáns ou cres que isto non se nota?

Aínda que haxa bastantes opinións contrarias o certo é que existen varios estudos que apoia a necesidade de cambiar a hora en marzo e outubro. En 1975, o Departamento de Transpostes dos Estados Unidos concluíu, tal e como sinala Endesa nun artigo, que o consumo de enerxía pode reducirse nun 1% durante marzo e abril, coincidiendo co horario de verán. Noutro estudo de 2011 indícase que o aforro ascende a 1,3 teravatios de electricidade. Isto significa que o consumo eléctrico anual se reduce nun 0,03%.


En España o Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE) asegura que o cambio horario ofrece un aforro enerxético do 5% durante o verán. Aínda que estas porcentaxes parecen mínimas, poden representar un aforrro significativo na factura eléctrica. Ademais, o aforro é diferente nas distintas rexións, xa que canto máis ao norte máis se aforra.


Máis información do cambio de hora en marzo e outubro seguinte artigo:

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Commenti


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page