top of page

Está previsto que 120 migrantes procedentes de Mali cheguen este mes a Monterroso

O Concello denuncia a total improvisación do Goberno de España porque non dispón de información oficial por parte del nin ten constancia de que exista un estudo de integración destas persoas


Laura Moure/Monterroso

O Goberno local do Concello de Monterroso denuncia a “total improvisación” e “falta de planificación” do Goberno de España coas persoas migrantes ao ser coñecedores o pasado venres a través dunha ONG que van desprazar a un establecemento de Monterroso a 120 persoas procedentes de Mali, previsiblemente o 29 de agosto.

Eloy Pérez, alcalde de Monterroso.

O Concello de Monterroso recibiu hai semanas informacións similares a través dos medios de comunicación, momento no que se puxo en contacto coa Subdelegación do Goberno en Lugo, quen asegurou que non estaban previstos estes desprazamentos e se avisaría do contrario, sen que así fora.


Pese á información facilitada o venres pola ONG, o Goberno local de Monterroso segue sen ter ningunha comunicación oficial por parte da administración do Estado que confirme a chegada destas persoas a Monterroso.


Publicidade

Desde o Concello de Monterroso recordan que a vila conta cunha poboación moi importante de diversas nacionalidades perfectamente integrada e adaptada. Sen embargo, denuncian a imposición desta nova realidade sen ningún tipo de información oficial e sen dispor, tal e como confirmou a ONG, dun estudo de integración destas persoas ou do impacto que a súa chegada suporá nos servizos sociais, sanitarios e sobre a cidadanía.


O alcalde, Eloy Pérez, lamenta a total falta de información oficial por parte do Goberno de España e considera indignante que queiran “impor” esta situación que xa leva días xerando alarma social na vila ante o número “desproporcionado” de persoas que van trasladar a Monterroso, preto do 10% dos habitantes do núcleo urbano.


Publicidade

Desde o Goberno local pídenlle ao Goberno do Señor Sánchez que facilite aos concellos información oficial sobre esta situación e aclare cales son os criterios que está a seguir, posto que a localidades moito máis grandes, como Monforte, chegaron un número moito menor de migrantes; 25 persoas en concreto.


No caso de Monterroso, sen embargo, e sempre segundo a información da ONG, van desprazar á vila 120 persoas se contar con ningún tipo de estudo de integración nin información sobre as súas necesidades. Eloy Pérez amosa a “gran preocupación” que existe na vila, polo que urxen ao Goberno do Estado a dar as oportunas explicacións.


0 comentarios

Commenti


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page