Ecos da Comarca/Deza
Gran fin de semana para as e os galaicos. A corredora Olaia Conde vén de reinar na carreira de Oia na distancia de 37 quilómetros, proba da Copa Galega de montaña acadando o primeiro posto na xeral feminina seguida de Cristina Couto que acada o terceiro e primierio na súa categoría demostrando que se atopan nun magnífico estado de forma nunha proba de moita esixencia física. Mentres quedou terceiro na súa categoría Manuel Conde e 16° da xeral e Antonio Agulló nun 7° da sua categoría e 76° da xeral.
Na distancia de 21 quilómetros Gustavo Vilar entra o primeiro dos galaicos cun 9° posto na sua categoría e 20° da xeral, seguido de Patricia Varela nun magnífico 4° posto en féminas, seguida de Belén Riádigos 7°posto e Patricia Montoto no 11° posto, seguida de Enara Fernández, 12° posto.
Na distancia de 12 quilómetros Vicente Agulló nunha carreira de infarto polos ritmos logra un 2° posto da súa categoría e 6°da xeral .
En terras de Castela e León ( Páramo de Sil ) na mítica proba Alto Sil onde compiten corredores de carácter nacional desprazáronse un grupo de atletas as cales lograron unha magnífica participación na distancia de 32 quilómetros con 2000+ desnivel. Belén Caseiro logra un posto 42° en féminas e Fernando Rodríguez un 220° e M.C.V. posto 328°.
Por outra banda, "o noso socio Emilio Montilla disputa a correspondente copa de ultramaratón da Copa de España coa selección Galega que transcurría pola Serra de Cazorla, no concello de Quesada ( Jaén ) a cal trataba dunha distancia de 72 quilómetros con 4000 + desnivel o cal logrou un magnífico posto 74° na xeral.

Por último, na provincia de Lugo desprazaronse un surtido número de corredores/as a disputar a proba Xacorun, proba que trascurre de de Sarria a Portomartín, de 22 quilómetros, o cal Iván Sanguiao marca o ritmo dos galaicos cun estupendo 4° posto da da xeral e 2° da sua categoría, seguido de Cristóbal Da fonte 7° da xeral 1° da sua categoría, Óscar Lugris 10° da xeral 4° da sua categoría e Fátima Nogueira 4° da xeral en féminas e 1° da sua categoría e na distancia curta Se Senande que logra un estupendo 9° posto na xeral de féminas.
"Unha fin de semana espléndida para os e as GRT", subliña o GTR Galaico Trail Run.
Comments