Espectaculares simulacros e demostracións súmanse ás conferencias na Sedexpo 2025
- Laura Moure
- 25 mar
- 3 Min. de lectura
Esta feira celebrarase do 26 ao 28 de marzo no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda)
Laura Moure/Silleda
A III Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias, SEDEXPO 2025, a cal terá lugar do 26 ao 28 de marzo no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda, Pontevedra), caracterizarase unha vez máispolo seu gran dinamismo.Así, na feira destacarán as demostracións de produtos e sistemas, coas que se poderán comprobar in situ as súas funcionalidades, e tamén os simulacros, que permitirán coñecer as capacidades e labor de distintos servizos de emerxencias e de Corpos e Forzas de Seguridade do Estado.
Entre as primeiras incluiranse demostracións centradas en simuladores, entre eles de emerxencias e evacuación para traballar a prevención activa do persoal aerotransportado ou de prácticas extremas de alto estrés en tiro simulado que permite que as forzas da orde, forzas especiais e de seguridade se adestren en escenarios dinámicos baseados en IA. Ademais, haberá exhibicións de sistemas de ciberseguridade en distintos ámbitos, de drons, maquinaria, ferramentas ou compostos de fibra que absorben derrames de hidrocarburos e derivados químicos tanto en auga como en terra.

En canto aos simulacros, serán espectaculares, como o rescate que realizará Gardacostas de Galicia e a Unidade de Policía Adscrita de Galicia (UPA Galicia) nolago do recinto, e o protagonizado pola Garda Civil, consistente na resposta conxunta e coordinada de varias unidades a unha ameaza terrorista Tamén o será respecto a incendios forestais a da Unidade Batracio Ancares, a cal está composta por varios vehículos como tractor, cisterna trituradora multifunción e polidozer, e que realizará, unha “Manobra de protección de infraestruturas (Defensa Interface), no marco do work-shop Fire Res. Aínda se sumarán outras como a exhibición da Unidade Canina da Policía Local de Sabadell ou o simulacro multidisciplinar xestionado en Posto de Mando Avanzado da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) mediante método GOM (Xestión Operativo de Mando) e presentación do sistema de dron cativo e comunicación multiplataforma desde Posto de Mando Avanzado, organizado pola Xunta de Galicia.
Ademais, levaranse a cabo talleres, como o de soporte vital básico e desfibrilación automática, organizado por Fundación pública Urxencias Sanitarias de Galicia - 061.
Publicidade
Xornadas con gran interese
Se as demostracións e simulacros son un dos sinais de identidade da feira, tamén o é o
seu programa de conferencias, de gran nivel, o cal esperta un notable interese entre os
visitantes profesionais de Sedexpo.
Nesta ocasión non o será menos. Así, incluirá xornadas centradas no sector da seguridade sobre temas tan interesantes como a rede de laboratorios e centros demostradores para a investigación e innovación en solucións de ciberseguridade en
Galicia, desminado humanitario no Sáhara, principais necesidades e problemas no desenvolvemento dos servizos de seguridade, futuro da seguridade privada,
ciberseguridade e IA, ciberseguridade no sector da automoción ou en redes de seguridade industrial, coordinación e dirección de operacións de loita contra o narcotráfico en espazos marítimos ou a intelixencia e información ao servizo da
seguridade e defensa.
En canto a emerxencias, analizará distintas vertentes e aspectos, como a resposta ante a contaminación mariña accidental en Galicia: o plan Camgal e o servizo público de Gardacostas de Galicia, plans de emerxencias dos encoros, comunicacións en situacións de emerxencia e a tecnoloxía E-Alert, presentación do dispositivo enviado por Galicia na Dana de Valencia, que é e que fai unha AVPC (Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, a unidade de drons da UME (Unidade Militar de Emerxencias) ou o work-shop e simposio Fire Res, que incluirá temas como o comportamento dos incendios forestais e evolución dos factores socio-económicos no ámbito rural, o traballo dos voluntarios de Protección Civil en incendios forestais ou factores que orixinan o comportamento extremo dos incendios forestais.
Así mesmo, os sectores aeroespacial e de drons terá gran protagonismo nas xornadas, que expoñerán, entre outros, o cerebro detrás dos drons: control e análise en tempo real, presente e futuro dos drons: conectividade e servizos intelixentes para operacións altamente autónomas, o despegamento da Galicia aeroespacial, BFAero: impulsando o futuro da industria aeroespacial, o dron como resposta á ameaza terrorista ou drons e escoltas: o futuro da protección persoal e a seguridade.
Comments