O vindeiro martes prantaranse exemplares en centros educativos, con especies autóctonas elixidas polos alumnos e alumnas
Laura Moure/Silleda
A 46ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, a cal terá lugar do 30 de maio ao 2 de xuño en Silleda, volve superarse nos seus xa habituais shows de motor durante a fin de semana da feira. Nesta ocasión o seu programa incluirá un novo espectáculo que, por primeira vez, estará integrado por un trío de pilotos que ademais manexará sete vehículos diferentes.
Así, formarán parte do show Juanan del Fresno, campión en competicións mundiais de acrobacias en moto Stunt e especialista de cinema en moto da película Misión Imposible 7 de Tom Cruise, e Edu Rodríguez, campión europeo de acrobacias en moto Stunt no ano 2015, tamén especialista de cinema en películas como Misión Imposible 7, e dobre de acción para Bollywood (a principal industria de cinema da India).
Publicidade
Tamén integrará o espectáculo Meri Bernal, a única muller española que realiza espectáculos acrobáticos con motos de alta cilindrada.
No seu espectáculo, moi dinámico e cargado de adrenalina, realizarán vistosas acrobacias e trucos cunha ampla frota de vehículos, composta por cinco motos, un quad e unha Harley Davidson.
Publicidade
O público da feira Abanca Semana Verde 2024 poderá gozar de dous pases o sábado 1 de xuño, ás 13:00 e ás 18:00 horas.
Outras exhibicións de motor
A feira contará ademais con outro espectáculo de motor a cargo do piloto Ángel Campos, quen xa participou neste certame en varias ocasións con gran éxito e volverá mostrar as súas acrobacias coreografiadas. As súas exhibicións de motociclismo stunt están programadas para o domingo 2 de xuño ás 13:30 e ás17:30h horas.
Comments