top of page

"Espazos das familias, preescolar na casa” da Asoc. Antonio Gandoy retómase dende outubro en Silleda

A iniciativa terá lugar os martes pola tarde


Laura Moure/Silleda

A Asociación Antonio Gandoy, en colaboración co Concello de Silleda, volve poñer en marcha o programa Espazos das familias, preescolar na casa, unha iniciativa dirixida a

pais, nais e titores de nenos e nenas de entre 0 e 6 anos. Este programa busca converterse nun espazo de formación, apoio e orientación para as familias no proceso de crianza, facilitando ferramentas para mellorar tanto a xestión emocional como o desenvolvemento educativo dos máis pequenos.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

As sesións iniciaránse en outubro, e terán lugar todos os martes pola tarde, a partir das 17:00 horas no Centro Social de Silleda, celebrándose de acordo cas datas do calendario do curso escolar. Este martes celebrouse xa unha sesión informativa cas familias e crianzas, ás que se lles explicou a dinámica do programa.


A través de charlas impartidas por profesionais en pedagoxía e xestión emocional, as familias participantes poderán adquirir coñecementos e habilidades que lles axuden a enfrontarse aos retos diarios da crianza, dende a educación emocional ata o acompañamento no crecemento persoal dos nenos. O programa ofrecerá un enfoque práctico e de lecer, onde as familias poderán compartir as súas experiencias e resolver dúbidas.

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Esta actividade está aberta a todas as familias do municipio que desexen participar. As persoas interesadas en participar poden obter máis información e realizar a súa inscrición a través do correo electrónico antoniogandoyeducacion@gmail.com  ou chamando ao teléfono 686 446 838.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page