top of page

Escolares do CEIP Arzúa coñecen en Porto do Son os beneficios de consumir produtos do mar

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Arzúa

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, acompañouonte a unha trintena de escolares de 2º de Primaria do CEIP Arzúa na xornada organizada en Porto do Son pola campaña Ti si que es un bo peixe, promovida pola Xunta de Galicia co obxectivo de concienciar aos máis pequenos sobre os beneficios que aporta consumir produtos da pesca e a acuicultura galegas.


As nenas e nenos puideron coñecer a través deste obradoiro o oficio tradicional das redeiras ao visitar a nave dedicada a esta profesión na localidade sonense, así como outros traballos relacionados coa ría de Muros e Noia no museo Marea.

Preme na imaxe para acceder á web desta empresa.

Os estudantes tamén se achegaron ao porto e á lonxa locais para coñecer as distintas especies que capturan as embarcacións da zona e mesmo aprender datos curiosos sobre o medio mariño. Este tipo de iniciativas son fundamentais para concienciar á rapazada da importancia que ten o mar para Galicia así como inculcarlles os beneficios de introducir os produtos do mar na dieta para que sexa equilibrada.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Este obxectivo puideron poñelo en práctica na merenda mariñeira que puxo fin á visita, con preparacións realizadas a base de peixe e na que os monitores realizaron unha pequena explicación sobre as súas propiedades nutricionais.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page