top of page

Escolares de Deza achéganse de primeira man á Unión Europea co eurodeputado Nicolás González Casares

O lalinense socialista impartiu este venres a conferencia Paz e democracia na aula UNED Lalín ante o alumnado de institutos de Lalín, Vila de Cruces e Silleda


Laura Moure/Deza

“Eu levo en Europa toda a miña vida porque nacín en Lalín e Lalín é Europa, non deixemos a Europa para outros, Europa é nosa”. Así se dirixía este venres o lalinense Nicolás

González Casares, eurodeputado socialista e membro da Comisión de Industria,

Investigación e Enerxía do Parlamento Europeo, ao alumnado dos institutos Laxeiro,

de Lalín, Marco do Camballón, de Vila de Cruces, e Pintor Colmeiro, de Silleda.


Durante a conferencia Paz e democracia, o europarlamentario explicou o funcionamento das cámaras europeas e destacou a independencia de voto dos eurodeputados que lles permite defender as particularidades de cada un dos territorios aos que representan.

Coa celebración do Día de Europa presente, no que se conmemora cada 9 de maio a

firma da ‘Declaración de Schuman’ que puxo as bases dunha nova forma de cooperación política en Europa, o europarlamentario defendeu a democracia, a liberdade e a paz como “o leitmotiv da Unión Europea”. Ante a guerra de Ucraína, Casares incitou á rapazada a tomar conciencia destas tensións e velar polo dereito a poder discrepar en liberdade. “No leste, as nosas fronteiras están Romanía e Bulgaria, nos lindes da Unión Europea”, apuntou.


O eurodeputado puxo en valor o apoio que recibiu Galicia e España para facer fronte á pandemia da Covid-19 a través da recepción de máscaras ou respiradores, así como mediante os fondos Next Generation que impulsarán a tan necesaria transición enerxética e dixital.


Valorar ás institucións europeas

O alumnado dezá puido abrir debate sobre cuestións de actualidade como a crise climática. Pola súa banda, Nicolás González quixo aproveitar tamén a ocasión para

animar aos mozos e mozas a valorar as institucións europeas como saída laboral e convidar aos centros a sumarse ás seis escolas galegas Embaixadoras do Parlamento

Europeo.

A aula UNED Lalín acolleu este coloquio no marco das actividades deseñadas polo 50º

da UNED. Begoña Blanco Blanco, concelleira de Cultura, Turismo, Educación e

Igualdade no Concello de Lalín; Rafael Cotelo Pazos, coordinador de Extensión

Universitaria e Actividades Culturais da UNED en Pontevedra; e José Antonio Rodríguez

Fernández, coordinador da Aula Universitaria da UNED en Lalín, foron os responsables

de abrir a xornada. Ademais do alumnado e o profesorado dos centros de ensino

dezaos, asistiron á conferencia integrantes do PSdeG da comarca.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page