top of page

Escoitar a orquestra dende un tractor cortacésped


Isto pasou esta fin de semana nunha festa das comarcas


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

Tractor Cortacesped enfronte da orquestra. Fonte: A. M.

Nas festas sempre se producen miles de anécdotas. E esta fin de semana nunha das romarías das comarcas houbo unha moi comentada e que provocou máis dunha risa dos alí presentes.

Tractor Cortacésped buscando onde estacionar na festa. Autor: A. M.

Cando non había coches a xente ía ás verbenas andando o sorte dos que tiñan unha bicicleta, que para nada se parecían as de hoxe. Despois cando chegaron os tractores a algunha aldea, este era un dos princiapis medios de transporte e ía recollendo á xente que atopaba polo camiño para desfrutar das romarías. Tempo despois xa chegaron os coches e con estes pouco a pouco cada un xa se empezou a trasladar no seu propio a todos os lugares. De aí que en moitos sitios haxa máis coches ca xente!!


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Pero volvendo a festa desta fin de semana, alguén chegou ao campo da festa da parroquia cruceña de Cumeiro nun tractor cortacésped!!! Sii o que escoitades!!! 🤣🤣🤣E máis, que mellor comodidade que escoitar a orquestra, sentado nel e en primeiro plano diante da agrupación musical! Pois isto foi o que pasou! E non había unha cámara oculta, eh!! Aínda que moitos non quixeron deixar pasar este acontecemento e sacaros os seus móbiles!


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Supoñemos que o vehículo era de cerca e que apenas tivo que recorrer quilómetros! Ou non? Non o sabemos, pero o que si, e que as risas estiveron aseguradas!

Preme na imaxe se queres contactar connosco.





Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page