Ecos da Comarca/Arzúa
A Policía Autonómica e a UIFO esclareceron un incendio forestal no concello de Arzúa rexistrado o pasado 5 de abril no lugar de Montelongo, na parroquia de Villantime, que afectou 1,12 hectáreas de superficie arborada.

Os axentes tomaron declaración a unha persoa como presunta autora do incendio, que manifestou que mentres realizaba unha queima as lapas propagáronse polo monte de forma descontrolada dando aviso ao teléfono 085. A investigación determinou que o lume iniciarase nunha das queimas antes do incendio no perímetro calcinado. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Arzúa.
Cabe mencionar que hoxe tamén deron conta da detención dunha persoa no municipio de Agolada como presunta autora de varios incendios nas últimas semanas neste municipio.
Toda a información desta nova no seguinte enlace:
Comments