top of page

Equina Galicia revalida as súas tres estrelas e celebrarase coa máxima categoría de competición do 26 ao 28 de xullo en Silleda

Contará con outras actividades, entre elas as centradas en doma clásica ou os espectáculos a cabalo


Laura Moure/Silleda

ree

Equina Galicia celebrará a súa décima edición do 26 ao 28 de xullo. Será de novo no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda), onde o ring se converterá en escenario de importantes competicións nas que participarán destacados exemplares das mellores ganderías nacionais e tamén doutros países. Organizado pola Asociación de Criadores de Cabalos Españois de Galicia (ACCEGA) coa colaboración da Fundación Semana Verde de Galicia, este evento terá como eixo principal o X Campionato de España Pura Raza Española-ANCCE de Galicia, o cal volveu a conseguir para esta edición a categoría tres estrelas.


Publicidade

ree
Preme na imaxe para obter máis información!

Por terceiro ano consecutivo a Real Asociación Nacional de Criadores de Caballos de Pura Raza Española (ANCCE) concedeulle de novo o máximo nivel neste tipo de competicións, pola súa excelente evolución e o esforzo na súa organización, ademais

de valorar novamente as infraestruturas destinadas ao concurso no recinto Feira

Internacional de Galicia ABANCA.


Esta proba, que se levará a cabo durante os tres días de Equina, será clasificatoria

para a final do Campionato do Mundo, a cal se celebrará en Sevilla do 19 ao 24 de

novembro, no marco do Salón Internacional de Pura Raza Española (SICAB).


Publicidade

ree
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Doma e espectáculos

Ademais do concurso morfofuncional, esta cita ecuestre comeza a preparar outras

competicións xa consolidadas no calendario ecuestre nacional, como son a XXV Copa

Accega, o Territorial e o VI Trofeo Xunta de Galicia – Medio Rural de Doma Clásica.

Ademais, incluiranse outras competicións e actividades que a organización pechará

nos próximos meses, entre elas espectáculos ecuestres.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page