top of page

Envorca un camión en Curtis e teñen que rescatar o copiloto

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

En Guntín colisionou un camión de gando e un coche


Ecos da Comarca/Xeral

Envorca un camión en Curtis e teñen que rescatar o copiloto. Tiña a perna atrapada e por iso foi necesaria a intervención dos bombeiros, tal e como informa o 112 Galicia. O suceso ocorreu onte pola tarde.

O camión accidentado. Autor: Consorcio Contra Incendios e de Salvamento A Coruña.

Unha persoa chamou ao 112 Galicia para solicitar axuda porque escoitaba aos dous ocupantes do camión pedir auxilio.  Sucedeu ás 16:20 horas deste venres na DP-0302 ao paso por Curtis. Nese punto, un camión cargado con madeira envorcou e os dous ocupantes quedaron no interior. Concretamente, o copiloto estaba atrapado por unha perna e necesitou aos bombeiros para poder saír e recibir asistencia médica.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Así foi, liberaron o copiloto e iso permitiu que os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 lle puidesen ofrecer a axuda asistencia necesaria. Finalmente, foi o único trasladado como consecuencias deste accidente. Ademais de sanitarios e Bombeiros de Betanzos, acudiron os membros do GES de Curtis e os axentes da Garda Civil de Tráfico.


Por outra banda, en Guntín, bateron un coche e un camión de gando. A causa do impacto, o condutor do turismo quedou inconsciente e parecía que tiña dificultades para poder saír do vehículo. Foi por iso que se activaron recursos para a excarceración. Sen embargo, nada diso fixo falta porque puideron sacar o ferido do coche sen empregar os equipos especiais e, ademais, conseguiron estabilizalo os profesionais sanitarios.


O accidente produciuse case de forma simultánea ao sinistro de Curtis, na N-540, en Padreda, Guntín.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page