Envorca un camión e escápanse 180 porcos en Sandiás
- ecosdacomarca

- hace 3 días
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Un camión de transporte de animais vivos envorcou hoxe martes na estrada N-525 ao seu paso polo municipio ourensán de Sandiás, á altura do quilómetro 206,600, o que provocou que sobre 180 porcos quedasen soltos na calzada.

O accidente produciuse pasadas as 7.40 horas desta mañá, cando o condutor intentaba realizar unha manobra de cambio de sentido e sufriu unha saída de vía. Segundo informa o 112, o suceso saldouse sen feridos.
PUBLICIDADE
No operativo interviñeron efectivos dos bombeiros, a Garda Civil de Tráfico e o servizo de Conservación de Estradas, que traballaron na recollida dos animais e no control da seguridade viaria na zona afectada.
PUBLICIDADE








Comentarios