top of page

Envorca en Arzúa un tráiler que portaba bobinas de cartón

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Arzúa

Este mediodía produciuse un aparatoso accidente no municipio de Arzúa. O 112 Galicia recibiu a chamada dun particular ás 12:35 horas. No sinistro viuse implicado un tráiler que portaba bobinas de cartón e acabou envorcando, tal e como informa o 112 Galicia.

Foto arquivo.

O suceso tivo lugar na N-547, no quilómeto 56, en Figueiroa, ao pasar a Castañeda. O vehículo deixou un vertido de gasóleo na zona e foi necesario cortar un carril de circulación.


Foron mobilizados os axentes da Garda Civil, a Policía Local, Protección Civil e o Servizo de Mantemento de Estradas.

Por sorte, o accidente saldouse sen feridos.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page