Ecos da Comarca/Deza
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, presidiu este luns o acto de entrega e renovación de carnés dos efectivos da Protección Civil. O acto tivo lugar no edificio administrativo da Xunta en Pontevedra e nel entregáronse 35 carnés a efectivos das agrupacións de Dozón, Caldas de Reis, Cerdedo-Cotobade, Lalín, Moraña, Poio, Tui, Valga e Vilanova de Arousa.
Publicidade
O delegado territorial aproveitou o acto para agradecer o “traballo incansable e desinteresado” de todos os voluntarios e asegurou que o seu labor é “imprescindible e admirable”.
Reguera rematou o acto desexando “éxito e tranquilidade” para esta tempada de verán.
Comments