Ecos da Comarca/Silleda
Esta madrugada producíronse varios roubos en Silleda: por un lado, na Oficina Agraria e por outro, na sede da Asociación Semana Verde. Accederon a estas instalacións e ademais, provocaron danos en catro coches da Xunta.
Publicidade
No caso dos coches que estaban estacionados nas inmediacións da oficina agraria, "romperon as lunas e roubaron algunha prenda de roupa", informa a Oficina de Prensa da Comandancia de Pontevedra. "Despois accederon á oficina rompendo o cristal dunha ventá e leváronse un ordenador", engade que tamén indica que substraeron o monitor doutro ordenador da sede da Asociación Semana Verde.
Publicidade
"Entraron na extensión agraria e aquí romperon a porta da entrada e a do consorcio. No consorcio rompéronlle a porta e leváronlle a pantalla do ordenador", sinalan dende a Asociación Semana Verde.
Publicidade
Así quedou a porta da entrada da sede da Asociación Semana Verde.
Comments