Enrique Rojo, Alberto Martínez e Adrián Riádigos do GTR Galaico Trail Run, campións por equipos no Ecocamiño
- ecosdacomarca
- 23 oct 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Deza
O pasado sábado, día 19, disputouse a ultramaratón Ecocamiño de 110 km que trascurríu polo Camiño Francés, que é a distancia mínima para poder obter a distinción de Compostelana. O equipo GTR Galaico Trail Run presentou un equipo composto de Enrique Rojo Rojo, Alberto Martínez Eiras e Adrián Riádigos Villar os cales se proclamaron Campións por equipos na modalidade longa distancia.

"Realizaron unha carreira conxunta os tres saíndo e chegando os tres xuntos, que se presentaba moi complexa debido a climatoloxía, xa que unha borrasca atravesou Galicia sen dar un respiro os nosos corredores, os que tiveron que lidiar con 18 horas de auga o que conleva lama, resbalóns, ramas caídas, ampollas... que se tiveron que ir subsanando nos últimos quilómetros da carreira. E cunha néboa e vento xa típica de Compostela que impedía a visibilidade durante os últimos quilómetros", subliña o GTR Galaico Trail Run.
Publicidade
A saída tivo lugar en Sarria ás 8:00 horas do sábado dirección a Portomarín, pasando por Palas De Rei ata Terras de Melide subindo a Arzúa, Pedrouzo ( O Pino), Lavacolla e O Monte do Gozo onde finalizou a mesma. A entrega de premios tivo lugar na emblemática Praza do Obradoiro.
"Xunto o equipo tamén saíu Óscar Mariño González o cal realizou unha magnífica carreira acabando no posto 19 na xeral con 16 horas e 16 minutos para ser a súa segunda vez que realiza dita distancia", destaca o club.
Comments