top of page

En marcha os traballos de reforzo de iluminación no santuario da Saleta en Silleda

Unha dotación que chega froito do convenio de colaboración entre o Concello de Silleda e a Fundación Roberto Rivas


Laura Moure/Silleda

O entorno do santuario da Saleta de Siador (Silleda) xa conta con novas luminarias, unha dotación que chega froito do convenio de colaboración entre o Concello de Silleda e a Fundación Roberto Rivas.

Os traballos de instalación comezaron en días pasados e rematarán esta mesma semana, coincidindo co comezo da novena á Virxe da Saleta, que terá o seu día grande o vindeiro xoves 19. A alcaldesa, Paula Fernández, visitou onte os traballos xunto ca tenente de alcaldesa, Mónica González, e o párroco da localidade, Amador Marugán.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Ademais das novas farolas xunto ao templo, tamén se colocarán puntos de luz preto dos pendellos tradicionais e o cruceiro do recinto.Estas melloras na iluminación de conxuntos histórico-relixiosos chegan a través do convenio ca fundación creada por D. Roberto Rivas, filántropo e gran benefactor desta parroquia silledense, -falecido en marzo de 2023. Tamén está previsto realizar melloras deste tipo noutros puntos do municipio.


O santuario de Siador foi o primeiro en España con advocación na honra da  virxe da Saleta, fundado no ano 1863.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Dende o Concello de Silleda a alcaldesa, Paula Fernández, agradece o apoio da Fundación Roberto Rivas, que ademais desta iniciativa, tamén establece medidas vinculadas á promoción do emprego e o impulso de proxectos innovadores que axuden á consecución da Axenda 2030 ou á dinamización do Viveiro de Empresas do Polígono Área 33.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page