top of page

En marcha en Silleda o programa “Adestra a túa saúde” para maiores de 60 anos

É plan impulsado dende as Consellerías de Sanidade e a Fundación Deporte Galego que busca o benestar dos maiores de 60 anos a través do exercicio físico en 20 municipios galegos, entre eles tamén no Pino e en Santiso


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda xa iniciou nos últimos días o programa “Adestra a túa saúde”, unha iniciativa busca mellorar a calidade de vida das persoas maiores de 60 anos a través da práctica de exercicio físico. Este plan autonómico, no que Silleda foi seleccionado xunto con outros 22 municipios galegos, consiste en receitar deporte creando unha rede comunitaria coa que mellorar a calidade de vida e o benestar das persoas usuarias do sistema sanitario público galego.

Os profesionais do centro de saúde de Silleda xa comenzaron, en coordinación co Concello de Silleda, a derivar persoas usuarias ao técnico de Deportes, que logo dunha primeira avaliación do estado físico dos participantes, se encarga de deseñar e avaliar un plan personalizado de acordo ás necesidades de cada persoa, as recomendación médicas e o programa de actividades deportivas municipais. O programa ten unha duración de 9 meses durante os que se fan distintas visitas e un seguemento.


As avaliacións por parte do técnico de Deportes, Graduado en Educación Física,

estánse a realizar no Centro Social de Silleda.


A primeira convocatoria de “Adestra a túa Saúde” conta coa participación de 23 concellos galegos. En concreto, os de Abegondo, As Neves, Ares, Arteixo, Baiona, O Carballiño, Camariñas, Cenlle, Curtis, A Estrada, Malpica de Bergantiños, Mondoñedo, Monfero, Outes, O Pino, Ponteareas, Ponteceso, Ribadavia, Rois, Santa Comba, Santiso, Silleda e Xinzo de Limia.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O programa, dotado con fondos europeos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR) tamén conta cunha plataforma de prescrición desde a que se poida realizar un seguimento das persoas participantes. A iniciativa está dirixida tanto a persoas sans como a aquelas con factores de risco cardiovascular, como diabetes, hipertensión, dislipemia, obesidade, sobrepeso ou sedentarismo.


Con “Adestra a túa saúde” preténdese crear unha rede sociosanitaria comunitaria para a prescrición e seguimento da actividade física neste segmento da poboación, facendo uso dos recursos xa existentes e reforzando a coordinación entre todos os axentes implicados.


Dende o Concello agradécese tamén a colaboración do persoal sanitario do Centro de Silleda, co que xa ven colaborando noutras iniciativas de promoción de deporte e saúde como o programa Silleda Camiña, unha das iniciativas que está a acadar un notable éxito xunto con Silleda MoveMente, no marco tamén do Plan Municipal de Saúde Mental.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page