top of page

En marcha de novo en Silleda o Programa Anduriña de integración cultural

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

As clases, gratuítas, comenzaron no turno de mañá na Casa da Cultura, ofertando tamén sesións de tarde ás persoas interesadas


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda, a través dos departamentos e Educación e Benestar Social, que dirixe Ángela Troitiño, vén de ampliar as persoas destinatarias nas clases de lingua no marco do programa Anduriña, de alfabetización e integración cultural para a poboación inmigrante do concello de Silleda. Así, ademais de persoas adultas, as clases se ofertan tamén para nenos e nenas. As sesións comezaron hoxe na Casa da Cultura co grupo de persoas adultas.


Todas as clases son gratuítas e impártense na Casa da Cultura de Silleda. Así mesmo, para as persoas adultas tamén se incorpora como novidade respecto a anteriores edicións sesións de tarde, para facilitar a conciliación co horario laboral.

As sesións de lingua e cultura españolas para as persoas maiores serán os luns (con grupos de 09:30 a 11:00 e de 20:00 a 21:30 horas); e as aulas de galego para persoas adultas serán os luns (11:30 a 13:00) e mércores (20:00 a 21:30 horas). As aulas infantís de galego –novidade nesta edición- fíxanse inicialmente os venres pola tarde de 19:00 a 20:00 horas.


“Visto que nos últimos meses Silleda está acollendo familias inmigrantes e, sobre todo, chegadas dende América latina; vimos necesario o incremento do Programa Anduriña, para dar resposta ás novas necesidades lingüísticas que presentan”, indican a concelleira.


O Programa Anduriña, que leva xa varios anos en funcionamento, co obxeto de ofertar unha programación de actividades destinadas a ofrecer o apoio necesario para ter os coñecementos básicos da lingua e cultura española, e da lingua e cultura galega, que axude aos/ás participantes no seu proceso de integración social no noso municipio.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page