top of page

En marcha as obras dos vestiarios e baños do pavillón César G. Fares de Silleda

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Despois pasarase ao campo de fútbol de Outeiriño-Joselu Mato


Laura Moure/Silleda

Este mércores o alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, e a concelleira de Deportes, Mónica González, visitaron o pavillón municipal César G. Fares no cal se están levando a cabo as obras que renovarán por completo os vestiarios e aseos. Despois pasarase a reformar tanto os baños coma os vestiarios que hai no campo de fútbol de Outeiriño-Joselu Mato.

Ademais, o Concello de Silleda coordinouse co CEIP de Silleda, clubes e escolas deportivas municipais para que as obras interrompan o menos posible a realización das actividades diarias que se practican nas dúas instalacións.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Cun investimento de 102.729 euros, a empresa adxudicataria é Urbanismo Técnico Sostible SL. Trátase dun proxecto que se executa con cargo a fondos municipais e unha axuda de 50.000 euros, ao abeiro das subvencións da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións

deportivas de titularidade municipal. Dita achega realizarase en dúas anualidades: 29.410 euros para o 2023 e 20.590 euros para o 2024.


Esta actuación complementa o acondicionamento que o Concello de Silleda leva facendo nos últimos anos no complexo deportivo formado pola Piscina municipal de Silleda, o Campo de Fútbol de Outeiriño e o Pavillón Municipal César González Fares.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O ano pasado cambiouse o alumado do campo de fútbol, onde tamén se colocaron redes novas e se pintaron os muros exteriores. No 2021, renováronse os vestiarios compartidos entre o campo de fútbol e a piscina, ao igual que no pavillón se apostou polas luces led e se cambiaron as cubertas laterais.


As dúas instalacións están conectadas ademais á Rede de Calor con Biomasa, que suministra nos dous casos auga quente sanitaria, conquerindo un maior aforro de custes.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page