top of page

En marcha as obras de remodelación do vial entre Negreiros e O Castro a través do Plan Marco

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Invístese preto de 40.000 euros na mellora deste tramo, un dos máis transitados da zona e que se atopaba en mal estado


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda continúa mellorando a rede viaria do rural con novos investimentos. Así, están xa en marcha reforma integral, con aglomerado en quente do vial que une as parroquias de Negreiros e O Castro. A empresa adxudicataria é Francisco Gómez y Cia S.L. Esta actuación, cun investimento de 40.000 euros, realizase a través do Plan Marco, para a mellora de camiños rurais (2020-2021).


As obras neste vial silledense.

Trátase dun vial no que actualmente o estado do firme acusaba un notable deterioro, e é ademais un tramo moi utilizado pola veciñanza da zona, unindo dúas estradas provinciais e como saída cara a N-525. Conta cunha lonxitude de case 700 metros e o traxecto que se arranxará sitúase entre as estradas provinciais EP-6502 (Silleda- O Castro-Merza) e EP-6504 (Negreiros-Carboeiro). “Con esta cantidade que lle corresponde ao municipio dentro do Plan Marco, tratamos de seguir mellorando a rede viaria municipal”, sinala o alcalde, Manuel Cuiña, sobre o programa financiado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) a través da Agader, e que hoxe visitou as obras de mellora xunto co concelleiro de Obras, Antonio Ferro Losada.


Nos vindeiros meses iniciarase a tramitación para a mellora das pistas de Balántiga e Cumbraos, tamén a través do Plan Marco.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page