top of page
Foto del escritorLaura Moure

En marcha as obras de rehabilitación do lavadoiro e pozo de Fontemaior, en Cortegada (Silleda)


Laura Moure/Silleda

Os traballos de mellora e rehabilitación do conxunto etnográfico formado pola canle, lavadoiro e pozo de Fontemaior, no lugar do Barral, en Cortegada (Silleda), están xa en

marcha.

Esta actuación, que o Concello de Silleda acomete a través da liña de subvencións para a Rehabilitación e Sinalización do Patrimonio Histórico e Cultural da Deputación de Pontevedra, foi adxudicada á empresa Endenor S.L, que presentou a mellor das ofertas solicitadas.


Publicidade

Os traballos cun investimento de 8.812,56 euros, consistirán na mellora e posta en valor deste fermoso conxunto etnográfico, formado por unha canle de auga que da servizo ao lavadoiro e remata nun pozo de pedra no mesmo entorno.


Publicidade

A proposta de mellora basease na restauración do conxunto, ca limpeza do pozo e da canle e a rehabilitación do lavadoiro, eliminando cementos e renovando a cuberta de madeira, cubríndoa ademáis con tella do país. Tamén se instalará un panel informativo sobre este enclave, que sumará un novo aliciente de visitas para esta localidade silledense.


Publicidade

Os traballos inclúen ademáis a roza e limpeza da zona, cunha intervención mínima para dañar o menos posible o terreo, facéndoo de xeito manual. A restauración busca manter as características, estructura e materiais que forman estos bens etnográficos, respetando ao máximo posible os elementos orixinais e o entorno.


O pozo, de singulares características, xa foi limpado, o que permite ver a súa estrutura.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page