En marcha as obras de rehabilitación da área recreativa da Peneda en Monterroso
- Laura Moure
- 7 feb
- 1 Min. de lectura
A previsión é que poidan estar rematadas en maio deste ano
Laura Moure/Monterroso
Xa están en marcha as obras de rehabilitación da Peneda, en Monterroso, tal e como informa o propio Concello. A empresa encargada dos traballos acomete estes días labores de demolición e desentullo, entre outros.

As obras van consistir na rehabilitación da cafetería, na instalación dunha pérgola ao lado desta e no acceso a área recreativa e teñen un orzamento de 233.744 euros. A Xunta cofinancia nun 70 % as actuacións previstas, ademais de contratar e executar as obras. O Concello de Monterroso achegará o 30 % restante e comprométese á recepción, mantemento e conservación das actuacións que incorporará ao patrimonio público municipal.
Publicidade
A actuación enmárcase no Plan Hurbe, promovido polo Goberno galego co fin de axudar ás administracións locais a financiar diferentes tipos de intervencións urbanísticas.
A previsión é que as obras poidan estar rematadas en maio deste ano. O alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, achegouse onte para comprobar o estado dos traballos.
Comments