top of page

En marcha as obras de mellora viaria en Ponte, Silleda, cun investimento de máis de 300.000 euros

Laura Moure/Silleda

A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, e a concelleira Estefanía Taín, visitaron onte os traballos de mellora viaria na parroquia de Ponte, adxudicados á empresa Taboada y Ramos S.L. por un importe superior aos 330.000 euros. As actuacións están incluídas dentro do plan municipal de mellora de accesos viarios financiado co crédito extraordinario de 1,75 millóns de euros aprobado polo Concello para executar intervencións na rede viaria de ata 10 parroquias do municipio.

Segundo o proxecto técnico municipal, o investimento contempla a rehabilitación do firme actual en diversos camiños de acceso aos núcleos rurais de Sino, Aldea de Abaixo, Trasdosisto, Trasfontao, Carderrei, O Espiño e Rosende, mellorando así a seguridade, comodidade e accesibilidade tanto para residentes como para as numerosas explotacións gandeiras da contorna.


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Os traballos incluen limpeza de cunetas e mellora do drenaxe, regularización do firme, aplicación dunha nova capa de rodadura con aglomerado en quente, execución de tramos en formigón armado en zonas puntuais e fresado e adaptación das rasantes para garantir un axeitado encaixe co viario existente .


“Seguimos avanzando na mellora da rede viaria rural, dando resposta ás peticións da veciñanza e apoiando sectores fundamentais como o agrogandeiro”, destacou a alcaldesa Paula Fernández durante a visita. “Estas obras supoñen unha clara aposta por fixar poboación no rural e mellorar a calidade de vida en todo o municipio”, engadiu..


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Con esta intervención, o Concello continúa coa folla de ruta marcada para poñer a punto os accesos en todas as parroquias, tras a execución de melloras recentes en Toxa, Toiriz, Margaride (Costela), Rellas, Xestoso, Abades, Piñeiro e Chapa. A día de hoxe tamén se están a executar traballos de limpeza e apertura de cunetas en Dornelas e nos vindeiros días está previso o inicio das obras en varias localidades da parroquia de Cira.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page