top of page

En marcha as obras de mellora no entorno da Ponte medieval de Taboada, no Camiño de Santiago

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Realizanse con cargo as axudas de Turismo para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens que se atopen en rutas xacobeas


Laura Moure/Silleda

As obras de mellora tramo do Camiño de Santiago ao seu paso pola parroquia silledense de Taboada, cunha serie de actuacións para a conservación, protección e embelecemento do tramo de calzada que segue á ponte románica sobre o río Deza están xa en marcha. Os traballos comezaron estes días, logo de obter os pertinentes permisos sectoriais e a autorización da Dirección Xeral de Patrimonio, ca restauración manual da pedra fundacional da Ponte.

A actuación, cun investimento de 20.418 euros realizarase a través das axudas da Consellería de Turismo para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño, e con fondos municipais.


Por este tramo discorre o Camiño do Sudeste (coñecido tamén como Vía da Prata) e o Camiño de Inverno, nun dos puntos máis fermosos da ruta a Compostela ao seu paso polo municipio silledense. Con esta actuación, o Concello de Silleda quere continuar mellorando a conservación do Camiño e a súa contorna para poñer en valor o patrimonio histórico, cultural e natural.


A intervención

As accións propostas son respetuosas co desenvolvemento e conservación do patrimonio a través do embelecemento, acondicionamento e protección do Camiño. Así, retiraranse as actuais pías de cemento na fonte da contorna (que se sustituirán por outras de granito), e mellorarase todo o entorno. Ademais, debido á falta de mantemento, as escorrentías de auga están afectando a traza nesta zona, polo que se buscará restituir os cursos orixinais das augas, comenzando por limpar a canles laterais que están atoadas a día de hoxe.


A intervención no camiño consiste en traballos de roza e limpeza manual, e a drenaxe das augas que discorren polo camiño á canle da beira esquerda (baixando cara ao río Deza) en tres puntos. Estes traballos, tal e como figura na memoria da intervención, están sendo

sometidos a control arqueolóxico e as canalizacións irán soterradas recuperando os cachotes que conforman o propio camiño, varios deles fóra do seu sitio.


Tamén se recolocarán e asentarán algunhas das pedras dos laterais que se atopan soltas, e se reconstruirá un muro de cachotería de pedra que venceu sobre o camiño. “Con esta actuación continuamos poñendo en valor o Camiño ao seu paso por Silleda, nun dos puntos máis fermosos do trazado, xunto á emblemática Ponte Taboada”, indica a concelleira de Cultura e Turismo, Mónica González.


Becas para estudantes

Por outra banda, o Boletín Oficial de Pontevedra publicou este luns a convocatoria de becas do Concello de Silleda para estudantes universitarios e estudantes de ciclos formativos durante o curso escolar 2021-2022. Os interesados teñen un prazo de 15 días naturais dende a publicación deste anuncio. Podedes consultalo no seguinte enlace:



0 comentarios

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page