"En Lalín non imos permitir que se utilice a violencia nin a coacción contra veciños, traballadores, empresas, técnicos municipais e políticos", di Crespo
- ecosdacomarca
- 24 sept 2024
- 2 Min. de lectura
O alcalde pronúnciase sobre o altercado producido onte con feriantes onde hubo agresións
Ecos da Comarca/Lalín
O alcalde de Lalín, José Crespo, pronunciouse este martes pola tarde sobre o altercado producido o luns con feirantes que incluiron ademais agresións físicas.

Este é o seu comunicado:
"Quero transmitir o meu agarimo ás familias de Lalín e, especialmente aos cativiños, que tiveron que presenciar os lamentables feitos protagonizados por un grupo de desaprensivos que non representan a ninguén e que, de ningunha forma, se pode xustificar o seu proceder. Nin os cativos, nin as familias poden ser, de xeito directo ou indirecto, o canalizador do seu malestar ou das súas reivindicacións.
O meu apoio ao equipo da empresa Tikolandia que durante dous días estiveron a traballar de xeito intenso e sempre cun sorriso na boca para facer desfrutar aos nenos que asistiron á Festa das Dores e, especialmente, ao lalinense Alfredo, o seu dono, que nos axudou a que os cativos lalinenses tivesen tamén as súas festas.
O meu agarimo para os traballadores que resultaron agredidos polo único motivo de estar a realizar o seu traballo e de estar coidando dos nenos que estaban a disfrutar das instalacións de ocio.
Nos vindeiros días faremos unha análise pública do ocorrido, unha vez contemos con todos os detalles, dispoñamos de toda a información e rematen as festas.
Publicidade
Hoxe só quero dicir que en Lalín non imos permitir que se utilice a violencia nin a coacción contra veciños, traballadores, empresas, técnicos municipais e políticos e que episodios como o ocorrido na tarde do luns atoparán a resposta máis enérxica por parte do goberno e da Corporación municipal.
Grazas á Polícia Local e á Garda Civil que se encargaron de reconducir a situación e de levantar atestado duns feitos que considero gravísimos e que non imos permitir que queden impunes", recalca o mandatario lalinense.
NOTICIA RELACIONADA: Altercado con feriantes nas festas de Lalín onde se produciron agresións: https://www.ecosdacomarca.com/post/altercado-con-feriantes-nas-festas-de-lal%C3%ADn-onde-se-produciron-agresi%C3%B3ns
Komentarze