Laura Moure/Xeral
Cando arrancou ECOS DA COMARCA o que tiñamos máis que claro é que o GALEGO ía ser o gran protagonista deste proxecto. Por que? A resposta é clara. Porque é a lingua de todo o noso equipo, polo que ela forma parte de nós. Hoxe, como cada 17 de maio conmemórase o Día das Letras Galegas.
Pero todos aqueles que falamos e usamos a diario o noso idioma, estamos contribuíndo os 365 días do ano en protexer e manter a súa existencia, algo sumamente importante, porque a nosa lingua é un gran tesouro.
O Día das Letras Galegas é unha celebración para homenaxear a persoas que destacaron polo seu aporte literario en galego. E desde 1963, cada 17 de maio, a Real Academia Galega dedícalle esta data a unha personalidade diferente. Este 2023 está dedicada a Francisco Fernández del Riego.
Pero por que o 17 de maio? Escolleuse esta data para homenaxear á publicación do primeiro exemplar da obra Cantares Gallegos de Rosalía de Castro en 1863, data que marca o inicio do Rexurdimento, o renacemento cultural galego.
コメント