Mentres, retiran do Plan Especial ante o risco de inundación o Furelos e o Ulla, ambos ao seu paso polo municipio de Santiso
Ecos da Comarca/Touro/Santiso
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior ten activo dende hai días o Plan Especial ante o risco de inundación en Galicia (INUNGAL). Nunha nova actualización dos datos, cómpre salientar o estado de emerxencia (risco alto) do río Miño, ao paso pola Peroxa (Ourense).
Ademais, en situación de alerta, sinala os seguintes cursos: Tea en Bouza do Viso, Támega, en Rabal, Ladra en Begonte e Miño en Lugo, Ourense e Salvaterra do Miño. Tamén o Arnoia en Arnoia e o Louro en Tui.

Na Demarcación Galicia-Costa, están en alerta o Cobo en Cervo, o Mendo e Mero en Betanzos, o Tambre en Oroso e o Ulla en Touro.
Segundo a información recibida mediante os sistemas de control e seguimento, ao superar os limiares establecidos, estes cursos están a presentar un crecemento significativo dos seus caudais, e poden producirse desbordamentos.
Mentres, onte, venres retiraron deste plan o Lérez en Pontevedra, o Oitavén en Soutomaior, o Sil no Barco de Valdeorras e o Furelos e o Ulla en Santiso.
Para evitar situacións de risco, é importe seguir estas recomendacións.
Comments