top of page

Empresas cárnicas de Lalín amosan o seu rexeitamento pola aparición de 72 sacos de conservantes tirados en contedores

"Porque isto empaña o traballo do noso sector na comarca e sementa confusión entre a nosa clientela", recalcan estas firmas


Ecos da Comarca/Lalín

Catro empresas do sector cárnico de Lalín emitiron este xoves un comunicado ante a noticia publicada nos medios de comunicación que recolle a aparición de 72 sacos de conservante verquidos en varios contedores do concello de Lalín. "Porque isto empaña o traballo do noso sector na comarca e sementa confusión entre a nosa clientela", recalcan estas firmas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O seu comunicado:

"Ante a noticia publicada en diversos medios de comunicación sobre a aparición de 72 sacos de conservante vertidos en varios contedores do concello de Lalín, as empresas cárnicas de Lalín abaixo asinantes manifestamos o noso rexeitamento a ese tipo de prácticas que non obedecen á lexislación en materia de residuos derivados da nosa actividade.


Lamentamos que este tipo de noticias empañen o traballo dun sector tan importante na comarca do Deza, empresas familiares que son recoñecidas pola calidade dos seus produtos, dinamizadoras da economía da contorna e preocupadas por ser cada día máis sostibles e respectuosas co medio ambientes.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información desta empresa.

Asinamos este comunicado en Lalín, a 23 de maio de 2024, de xeito conxunto: Cárnicas Anzo, Embutidos Lalinense, Nélida Castro e Pilar Pereira".


A noticia da que falan, enviada pola Oficina de Prensa da Garda Civil de Pontevedra, no enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/a-garda-civil-esclarece-a-procedencia-de-72-sacos-de-metabisulfito-despositados-en-contedores-en-la


Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page