top of page

Emecla fai unha nova etapa do Camiño de Inverno e chega a Rodeiro

Laura Moure/Rodeiro

A Asociación Emecla da parroquia rodeirense de Álceme fixo este domingo unha nova etapa do Camiño de Santiago, en concreto, están facendo o Camiño de Inverno. E desta volta, chegaron ata o seu municipio.

Acompañounos durante toda a etapa Alberte Lamazares, tenente de alcalde, e o mandatario José Luis Camiñas recibiu ao grupo diante do Concello de Camba. Ambos entregaron a cada peregrino un pequeno agasallo. Ademais puxeron en valor o labor deste colectivo. "Queremos agradecerlles públicamente o recoñecemento do labor social e cultural que leva a cabo esta asociación así como o compromiso de traballar pola promoción do Camiño de Inverno que como todos sabemos é un motor cultural, social e económico importante para o noso Concello".


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

"Agora descansaremos ata o 1 de setembro, cando retomaremos o Camiño ata Finisterre xunto con outras actividades previstas", adianta Inés Carballo, presidenta do colectivo.


NOTICIAS RELACIONADAS:


Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page