Laura Moure/Rodeiro
Caminante, non hai camiño, faise o camiño o andar. E nesto está a Asociación Emecla da parroquia rodeirense de Álceme que o pasado domingo, 3 de novembro, fixo outra etapa do Camiño. En concreto, a etapa Ponferrada - Santiago - Finisterre.

"Na última etapa acompañounos José Luis Camiñas, alcalde de Rodeiro, tanto na andaina como na comida de fin de Camiño. Aproveitamos para pedirlle promocionar este Camiño e dotalo dentro das súas competencias de servizos que o fagan máis atractivo se cabe", sinala Inés Carballo, presidenta do colectivo.
Publicidade
A comida foi na casa rural A Ribeira do Tambre. "Ademais de boa comida desfrutamos e poñemos en valor o rural galego. O próximo día 24 saimos de visita cultural a Tui e a Ponte de Lima", adianta Carballo.
Comentarios