Esta firma celebra este ano os 75 anos da súa fundación
Laura Moure/Lalín
Hoxe, sábado 25 de maio, a empresa Embutidos Lalinense acollerá nas súas instalación de Agruchave (Lalín) a entrega do recoñecemento á Galeguidade Empresarial. O acto, organizado polo Foro Enrique Peinador, contará coa presenza do seu presidente Xosé González Martínez, do alcalde de Lalín Xosé Crepo e do Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García.

Neste recoñecemento intervirán tamén tres personas vinculadas ao Foro Enrique Peinador que se distinguen pola súa implicación coa normalización do galego: Carlos Varela, Fiscal da Fiscalía Superior de Galicia, Lito Andión, xerente da cooperativa Hoxe e Manuel Rial, director xeral de Seguridade A1.
Publicidade
Á xornada de hoxe confirmaron a súa presenza o conselleiro de Educación Román Rodríguez, o eurodeputado Nicolás González, o Secretario Xeral do PSOE Xosé Ramón
Gómez Besteiro, ademais doutros representantes da política local, do sector empresarial galego e de todo o persoal de Embutidos Lalinense.
No evento tamén se estreará en primicia a peza documental que recolle a traxectoria de
Embutidos Lalinense, empresa familiar que celebra este ano os 75 anos da súa fundación.
O documental está dirixido pola produtora Arthur Gordon. O evento estará presentado polo cómico Rafa Durán e amenizado pola histórica formación Os Dezas de Moneixas.
Publicidade
O acto será ás 12 horas na Carpa ubicada nas instalación de Embutidos Lalinense en Agruchave 16, Lalín.
Comments