top of page

'Elixe avanzar' será o lema para a campaña do PSOE de Lalín cuxo programa inclúe 150 propostas

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Alba Forno, candidata á Alcaldía, móstrase contenta polo proxecto que presenta, “xa que son medidas que fomos recollendo da veciñanza e quepoñeremos en marcha en canto entremos a Alcaldía”


Ecos da Comarca/Lalín

Co comezo da campaña electoral o PSdeG-PSOE de Lalín lanza o seu lema: Elixe Avanzar. Alba Forno, candidata á Alcaldía, expón que este slogan é “positivo e convida á veciñanza a elixir un proxecto para mellorar Lalín e a vida da veciñanza, co obxectivo de acadar un futuro con máis oportunidades para todos/as, máis atractivo e máis transparente e demócrata”.

Forno expón que esta campaña está pensada e creada coa participación da veciñanza “e

o que máis percibo é que a xente quere avanzar e deixar atrás a crispación e as políticas

que xa non son destes tempos”. Por iso, destaca que crearon este lema posto que

“ofrecemos un xeito de facer política diferente: próxima á veciñanza e participativa. Creo

que as persoas que forman parte dun Goberno local non poden estar á marxe das

opinións e inquedanzas da cidadanía. Hai que escoitar e respectar a todo o mundo,

independentemente da cor e isto é o que ofrecemos o grupo socialista”.


“Realistas, sostibles e ambiciosas”

En canto ao programa, presenta 150 propostas “realistas, sostibles e ambiciosas”. A

candidata á Alcaldía mostra o seu orgullo por este proxecto, “que contén medidas que

fomos recollendo da veciñanza e que poñeremos en marcha en canto entremos a

Alcaldía”. Explica que son propostas realistas, “moitas delas sostibles economicamente ou

que se poden beneficiar de axudas estatais ou europeas, que non perderemos como fixo

este Goberno”. O programa contén medidas ambiciosas, que son necesarias para

avanzar e mellorar Lalín, pero sobre todo sostibles e realizables: “Non queremos vender

infografías que quedarán en baleiro nin un programa que quede sen facer nun 80%,

coma este Goberno. Tampouco cremos na política de levar a cabo actuacións nos últimos

meses antes das vindeiras eleccións, senón que traballaremos en todas as áreas dende o

primeiro momento”, aclara Forno.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A candidata socialista invita á veciñanza a que lea o programa, que está dispoñible na súa

web, www.albaforno.gal, e que invita a que a veciñanza participe coas súas inquedanzas:

“A nosa base é a escoita de todas as propostas, necesidades e inquedanzas, e así

seguirá sendo, agora e despois do 28 de maio, independentemente da posición que

escolla para nós a nosa veciñanza”, indica Forno.


Dende o PSdeG-PSOE móstranse con forza e ganas de darlle un xiro a política: “Primeiro

porque temos un equipo traballador e preparado, e segundo porque temos un proxecto

realista e que toca todas as áreas de interese e que supoñerá un grande avance para

Lalín”.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page