Ecos da Comarca/Xeral
O pasado 8 de novembro parte da directiva Elas Eles, a nova asociación de gandeiros, que aglutina tamén a produtoras das comarcas, realizou unha vista ao L.I.G.A.L tras as
controversias e as especulacións sobre o control das mostras.
"A visita comeza as 10:00 horas cunha reunión con Roberto Lorenzana, director xerente, e coa directora técnica Paula Prado, os cales nos expoñen a orixe, funcións e papel como organismo interprofesional do LIGAL, laboratorio do que forman parte tanto os gandeiros como a industria ao 50%. Incídese nos mecanismos de control dos procedementos de análise do laboratorio e as esixencias derivadas da acreditación dos ensaios pola Entidade Nacional de Acreditación (ENAC) que resultan na trazabilidade e fiabilidade dos resultados analíticos emitidos desde o LIGAL".

Despois dunha hora na que se fixeron diversas preguntas e se aclararon todas as dúbidas,
houbo unha visita as instalacións do laboratorio "na que puidemos ver de primeira man o proceso analítico das mostras: dende que entra no laboratorio seguindo paso a paso os procedementos automatizados e incluso robotizados ata a análise dos parámetros que serven de referencia para os pagos “por calidade”, e polo tanto para establecer a parte do “prezo do leite” pagado a cada gandeiro en función das cláusulas dos contratos asinados entre a industria e os gandeiros".
Na visita realizáronse moitas preguntas en torno á trazabilidade e fiabilidade das mostras desde que se recollen no tanque ata a chegada ao laboratorio,"e indicóusenos o que isto ven regulado pola normativa de referencia, en concreto polo Real Decreto 989/2022 onde se explica en detalle o procedemento de toma de mostra-transporte e análise, sendo o LIGAL o responsable da mostra desde que se recepciona no laboratorio ata que de obteñen os resultados analíticos. Un día promedio de traballo no LIGAL analízanse unhas dez mil mostras cun sistema automatizado con numerosos filtros de control tanto internos como externos, o cal evidencia o alto rendemento do laboratorio e garante a fiabilidade do proceso de análise. En todo caso, para mellorar a trazabilidade e impedir posibles manipulacións da mostra recollida no tanque, procedeuse a cambiar o frasco pasando este a ser precintado, o que da un plus de seguridade na fase entre a recollida no tanque e a recepción da mostra no laboratorio".
Preguntaron tamén polos problemas derivados das queixas de gandeiros polo punto crioscópico, e si se tiveran constancia se fora nunha zona concreta, concello, etc ou se houbera algunha posible causa. "Dende o Laboratorio, trasladásenos que varios dos parámetros analíticos teñen un comportamento estacional, entre eles o punto crioscópico. As chamadas relativas a dúbidas ou consultas sobre o punto crioscópico producen todos os anos nos meses de verán debido a que o seu valor é máis alto neses meses e en función do valor de cada granxa e o que teñan no contrato coa industria pode levar a penalizacións. Este ano se incrementaron as chamadas como consecuencia da repercusión mediática dunhas declaracións dunha asociación que foron contestadas desde o laboratorio. As curvas de baixada-subida do punto crioscópico deste ano nos indican que foi algo diferente ao ano anterior pero similar a outros da serie histórica".
No LIGAL, sinala a asociación, "fanse máis de 3 millóns de probas analíticas anuais e cóntanse como anecdóticas as contraprobas solicitadas ao servizo de inspección do LIGAL, así nos últimos anos houbo en torno a 40-50 contraprobas, aínda que este ano houbo algunha mais a raiz das novas que sairon na prensa. Esto é, en definitiva, un dos indicadores de que se está a realizar ben o traballo e o sistema de toma de mostra funciona correctamente. No LIGAL analízanse de media unhas 15 mostras de leite por granxa ao mes cubrindo practicamente toda a recollida e que complementa ao 100% das cisternas de transporte, a referencia do mínimo esixido nas normas no Real Decreto 989/2022 é de 2 por mes".
Publicidade
As conclusións tras a visita que saca a dirección de Elas Eles "é que hai que aclarar cos demais axentes do sector, en primeiro lugar ca FENIL, o número de gandeiros o importe das penalizacións que houbo este ano; que parámetros analíticos anómalos foron os que penalizaron a diferencia de outros anos, se as penalizacións foron xeralizados por todos os
operadores, ou se existen distintas cláusulas nos contratos en función do “operador”, etc.
Tamén urxe falar ca FENiL, ante as declaracións de que o Leite español non é competitivo en comparación co do resto de Europa, por ter menos “sólidos” graxa e proteína, xa que por esa mesma razón o leite producido en Galicia debería estar mellor pagado que o do resto do Estado, según os datos do propio MAPA que reflexan un maior contido en sólidos ca media no resto do Estado".
E a asociación engade que "da Consellaría de Medio Rural botamos en falta que saíra a aclarar publicamente as “presuntas irregularidades” denunciadas na prensa, que danan a confianza sobre o organismo establecido pola Xunta de Galicia para acreditar e garantir a seguridade alimentaria, de cara ao consumidor. Cremos tamén que non se poden deixar poñer denuncias deste tipo que afectan á credibilidade e a profesionalidade do sector leiteiro galego, xa moi atacado, xunto co de carne, ante a opinión pública que lle achaca os problemas do cambio climático polo metano, contaminación da auga polos xurros etc etc cando é un sector que ademais de alimentarnos fixa poboación, protexe dos lumes e dá traballo a moitos postos directos e indirectos, así que nos preguntamos: se non é a Administración pública galega e o Goberno galego quen vai a defender a o sectores gandeiros destes ataques gratuítos na prensa? Por isto tamén pediremos unha entrevista para falar deste e doutros temas, como que se volva a reactivar a mesa do leite e da carne na cal vemos máis necesarios que nunca estar presente. Agradecemos o bo trato e a dispoñibilidade do LIGAL así como destacamos a súa gran profesionalidade a altura dun sector que o ano pasado ingresou no medio rural galego máis de 2.000 millóns de euros".
Comments