“El Mundo de los Muñecos” chega o día 25 a Bandeira con moita música para a rapazada
- ecosdacomarca
- 16 ene
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Silleda
O sábado 25 de xaneiro ás 17:30horas, o Auditorio Municipal Manuel Dopazo de Bandeira (Silleda) encherase de maxia e diversión co espectáculo infantil El Mundo de los Muñecos.

Un evento único pensado para os máis pequenos da casa, onde poderán desfrutar dunha marabillosa viaxe musical repleta das míticas cancións de Cantajuegos en familia.
Publicidade
As entradas están dispoñibles en venta anticipada online en Ticketrona e na libraría Pily de Silleda a 8 euros e, o mesmo día do evento, en taquilla a 12 euros.
Para máis información e consultas, as persoas interesadas poden chamar ao 653 68 22 25.
Comments