EFAs de Galicia recibe o 3º premio na modalidade de entidades nos Galardóns da Xuventude de Galicia
O recoñecemento destaca o labor social e educativo da entidade e o seu compromiso coa
mocidade galega
Ecos da Comarca/Arzúa
A Federación EFAs de Galicia obtiveron o terceiro premio na modalidade de entidades nos
Galardóns da Xuventude de Galicia, un recoñecemento que distingue iniciativas que destacan polo eu compromiso coa mocidade, pola innovación social e polo impacto positivo no territorio. O acto de entrega tivo lugar o 5 de decembro na Sala Eisenman da Cidade da Cultura de Galicia, onde a directora xeral de Xuventude, Lara del Carmen Meneses Álvarez, fixo entrega dos galardóns e felicitou ás persoas e entidades premiadas polo seu labor en favor da xuventude galega.

Os Galardóns da Xuventude de Galicia recoñecen cada ano proxectos e iniciativas que fomentan a articipación, o talento, a creatividade e o compromiso social da xente nova. A concesión deste terceiro premio pon en valor a traxectoria da entidade e o esforzo realizado para impulsar oportunidades, fortalecer o desenvolvemento persoal e profesional da mocidade e contribuír á dinamización social e comunitaria.
Publicidade
Este recoñecemento supón un importante estímulo para continuar ampliando programas, reforzar o impacto do traballo realizado e seguir apostando polo protagonismo da xuventude como motor de transformación e progreso.
Sobre a Federación EFAs de Galicia
A Federación EFAs de Galicia agrupa diversas Escolas Familiares Agrarias, entre as que se atopan a EFA A Cancela, situada en As Neves; a EFA Piñeiral, en Arzúa; e a EFA Fonteboa, en Coristanco, co obxectivo de promover a formación, o desenvolvemento persoal e profesional da mocidade e impulsar iniciativas de innovación social no medio rural. A entidade traballa para fomentar a participación activa da xuventude, fortalecer o talento e a creatividade, e contribuír á dinamización social e comunitaria do territorio.
Publicidade
O seu compromiso coa mocidade foi recoñecido recentemente co terceiro premio na
modalidade de entidades nos Galardóns da Xuventude de Galicia, un galardón que
distingue proxectos que destacan polo impacto positivo na comunidade e polo traballo en favor da xuventude galega. Este recoñecemento supón un estímulo para continuar ampliando programas e reforzando o papel da xuventude como motor de transformación e progreso.









Comentarios