top of page

EFA Piñeiral reúne máis de 70 persoas no seu xantar solidario a favor de Cáritas Arzúa

A iniciativa, impulsada polo alumnado e profesorado de Panadaría, Pastelería e Confeitaría, contou coa colaboración de múltiples entidades locais


Laura Moure/Arzúa

O pasado día 11 de decembro, a EFA Piñeiral de Arzúa celebrou con grande éxito o seu xantar benéfico a favor de Cáritas Arzúa, unha iniciativa solidaria organizada polo alumnado do Ciclo Formativo de Panadaría, Pastelería e Confeitaría, xunto co profesorado. O evento contou cunha ampla participación, reunindo máis de 70 persoas nas instalacións do centro educativo.

Esta actividade permitiu ao alumnado poñer en práctica os seus coñecementos nun contexto real, combinando aprendizaxe, profesionalidade e compromiso social. Durante o xantar compartíronse numerosos momentos de convivencia, agradecemento e solidariedade, reforzando o papel da EFA Piñeiral como entidade comprometida coa comunidade arzuá.


A totalidade da recadación obtida mediante a venda de entradas —cun custo de 25 €— será doada integramente a Cáritas Arzúa, contribuíndo ao apoio das familias e persoas en situación de vulnerabilidade da comarca. Ademais, a “fila cero” permitiu que outras persoas colaborasen a través de doazóns directas para a causa.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Ao remate da comida tivo lugar un sorteo dun lote de produtos artesanais elaborados polo propio alumnado de Panadaría, Pastelería e Confeitaría, no que participaron automaticamente todas as persoas asistentes.


A EFA Piñeiral quere expresar o seu profundo agradecemento ás entidades colaboradoras, cuxo apoio fixo posible esta iniciativa solidaria: Carnicería Mosquera, Xeira, Queixería Barral, GALMESAN, Queixos TGT, Distribuciones Monteverde, JV Distribuciones (Kas Varela), Boado, Ribeirao, Novás e Mar, Bar Praza, Café Teatro, Estrella Galicia, Toldos Gómez, Consello Regulador do Queixo Arzúa-Ulloa, Parroquia de Arzúa e Radio Arzúa.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

O centro destaca que a resposta da veciñanza e das empresas locais demostra, unha vez máis, a fortaleza da comunidade e o seu compromiso co ben común.


Este xantar súmase a outras iniciativas solidarias que a EFA Piñeiral vén desenvolvendo nos últimos anos. Sen ir máis lonxe, o pasado ano o centro organizou unha recollida de alimentos na que se lograron reunir 450 kg de produtos non perecedoiros, doados integramente a Cáritas Arzúa. Ademais, o alumnado e profesorado participou tamén nun magosto solidario, colaborando na recadación de fondos destinados á Fundación Martín Álvarez Muelas, reforzando así o compromiso continuado da EFA Piñeiral coa solidariedade, a educación en valores e o apoio á comunidade.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page