top of page

Educación rematou xa os trámites administrativos para o cambio de fiestras no colexio de Dozón

O proxecto adxudicouse a Noroeste soluciones constructivas S. L. por 181.507 euros


Laura Moure/Dozón

Foto de arquivo.

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades rematou os trámites administrativos para desenvolver a obra de renovación de fiestras no Colexio CEIP Pío Cabanillas Gallas de Dozón. Non en balde, a Xunta ten xa formalizado o contrato coa empresa Noroeste soluciones constructivas S.L. para a substitución de carpinterías deste centro por un importe total de 181.507 euros.


Técnicos da Consellería de Educación seguen de preto os preparativos para o seu desenvolvemento, que comezará en canto a empresa dispoña de todos os materiais precisos, algo que se está a complicar no contexto global actual de falta de subministros.

A actuación contempla o cambio da totalidade das 111 fiestras do centro por novas carpinterías de aluminio con mellores prestacións térmicas e acústicas. Alí onde as fiestras se atopan a gran altura colocarase un sistema motorizado para a súa apertura. O obxectivo da obra é reducir o consumo enerxético, ao tempo que se mellora o confort térmico da comunidade educativa


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page